domingo, 31 de mayo de 2015

PRIMAVERA MUSICAL. AUDICIÓN DE CORDAS 2015

                                  

                                AUDICIÓN DE CORDAS


                   O pasado 21 de abril de 2015 celebrouse na casa da cultura;na aula 26, unha audición  de  corda a cargo dos alumnos de violín e guitarra. Noraboa a tódolos alumnos pola súa
colaboración e as súas interpretacións realizadas a un alto nivel.
              Tamén agradecer a tódolos presentes a súa asistencia.

         Ahí van esas fotos:


 

























     

sábado, 16 de mayo de 2015

CURSO DE LUTHERIA DE GUITARRA 17- 04- 2015


O día 17 de abril os alumnos do departamento de guitarra asistimos a un curso de luthería(construción de instrumentos de corda)impartido polo maestro luthier Luís Cepeda no Consevatorio Profesionl de música de Ourense.O curso foi divido en dúas partes:

-Na primeira parte o luthier explicounos en que consistía este traballo(nada fácil por certo).Tamén observamos mediante diapositivas as partes da construción da guitarra,as madeiras coas que se constrúe e as ferramentas que se empregan.



-A segunda parte foi práctica;xa que poidemos observar as madeiras e traballalas coas súas ferramentas.Deixounos claro que había que ter moita precaución para non cortarse.Tamén poidemos ver de primeira man como barnizaba un laúde.


Se poidese recomendaríavos este curso porque apréndese moito e pásase moi ben.Ao rematar entregáronnos uns diplomas de asistencia.Déixovos unhas fotos:










miércoles, 13 de mayo de 2015

CONCERTOS DIDÁCTICOS 2015

Esta semana celebramos unha nova edición de CONCERTOS DIDÁCTICOS, uns concertos que revolucionaron a toda a comunidade educativa da comarca do Ribeiro. Esta actividade chegou a un público moi numeroso, máis de 600 alumnos, con catro concertos celebrados na Casa da Cultura de Ribadavia e no Auditorio do IES Ribeiro. Antes de todo, o noso agradecemento a tódolos centros, directores, e profesores, que fixeron posible estes concertos. Gracias a:

CPI TOMAS DE LEMOS (RIBADAVIA), CEIP SAN SALVADOR (ARNOIA), CEIP PENA CORNEIRA (CARBALLEDA DE AVIA), CRA AMENCER, CEIP OTERO NOVAS (CORTEGADA), CEIP de QUINS, CEIP EMILIA PARDO BAZÁN (LEIRO) E CEIP ANTONIO CARPINTERO (ARBO). 

Gracias tamén a Victor Fernández Bello polas imaxes.