sábado, 28 de mayo de 2016



CONCERTO DE CONXUNTO INSTRUMENTAL E CORO

Os alumnos do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Ribadavia están que non paran,  pola mañá participaron nos Concertos Didácticos para os coles e pola tarde foron os protagonistas do Concerto de Conxunto Instrumental e Coro.
Parabéns rapaces!!!!








Se queredes ver máis fotos deste concerto entrade na nosa páxina de facebook a través deste enlace:

CONCERTOS DIDÁCTICOS 2016








O luns 23 e o xoves 26 de Maio o Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música de Ribadavia celebramos unha serie de Concertos Didácticos para os colexios dalgunhas das comarcas do Ribeiro:
Ceip San Salvador de Arnoia
Ceip Cra Amencer de San Cristobo
Ceip Emilia Pardo Bazán de Leiro
Ceip Peña Corneira de Carballeda de Avía
e tamén para o Ceip Tomás de Lemos da Vila de Ribadavia.
Queremos darlles as gracias os profes e alumnos pola súa colaboración xa que sin eles non sería posible facer ditos concertos,os cales estiveron cheiños de moita diversión,de moito humor,de moita maxia e sobretodo de moita e boa música , música que foi interpretada por parte do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música ,e que unha vez demostrou a súa maestría musical e de que maneira.....Parabéns rapaces!!!!!!!!!!!
Gracias a Bea e a Fran pola súa axuda incondicional en todas as actividades que facemos dende o centro.
E como non a Concellería de Cultura.
Seguro que a máis de un lle quedaron ganas de repetilo!!!
Aquí vos deixamos parte do que deron de si os Concertos Didácticos,SE QUEREDES OLLAR MÁIS TESTEMUÑAS GRÁFICAS E VIDEOS PODEDES VELOS NA NOSA PÁXINA DE FACEBOOK, AQUÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE :











jueves, 19 de mayo de 2016

CONCERTO MÚSICA ANTIGA"ALENDALUA"

O pasado venres 13 de maio tivemos o privilexio de disfrutar do Concerto Didáctico que nos ofreceron o duo ALENDALUA no Centro Social da Madalena en Ribadavia.Non so tivemos o pracer de escoitar pezas da Idade Media,Renacemento e Barroco senón que ademais poidemos disfrutar da súa interpretación con réplicas dos instrumentos antigos como a Vihuela,a Tiorba, o Organo Portativo e a Frauta de Pico. Unha delicia musical !!!!
GRACIAS A IRMA E A JUAN MANUEL!!!















jueves, 5 de mayo de 2016

MI PRIMER CONCIERTO

O mércores 4 de Maio  celebramos o Concerto dos máis cativos do Conservatorio e a Escola Municipal de Música de Ribadavia.
A medida que avanza o curso, os alumnos de iniciación van descubrindo,con máis forza ,o que é a música e con iso vanse derribando aquelas barreiras que lles impiden desenrolar as capacidades que lles acercarán o entendimento e o disfrute da música.
Era a primeira actuación como os auténticos protagonistas dun concerto, e que desde logo   foi unha experiencia nova e diferente para eles.Iban coa mellor predisposición de aplicar o que viran na clase cos seus profes,eran conscientes de que non lles iba a resultar doado estar pendentes das dinámicas,do ritmo e outros elementos musicais. Pero a todo iso saíron  un por un victoriosos, contentos, satisfeitos e sobre todo cunha sorisa no seu rostro.
UN EXITAZO!!!!!!!
PARABÉNS PEQUENOS!!!!!!!