Como tódolos anos, no Entroido escollemos un tema para disfrazarnos todos xuntos: alumnos, profesores, nais e pais, persoal da casa da cultura, amigos...etc
Este ano tocoulle botar unha ollada atrás...aos anos vinte..... atención, en Ribadavia.
Tocamos, cantamos, e sobre todo bailamos moita música de Rag-time, Can-can e Charleston.
Persoeiros da época como Charles Chaplin, Louis Armstrong, vendedores de gominolas, xornalistas, bailarinas de Can-can, gangsters, ilusionistas...todos xuntos pasámolo en grande, a pesar de que a choiva tamén quixo participar.
Aquí vai algún recordo deste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario