O pasado día 5 de Febreiro, un grupo de case 30 persoas entre alumnos, pais e profesores, asistimos ó concerto do pianista Javier Perianes no Teatro Principal de Ourense. Todos disfrutamos moitísimo con esta actividade.
Grazas a tódolos pais que colaboraron cos seus coches.
Aquí vai un recordo daquel día.
miércoles, 25 de febrero de 2015
domingo, 15 de febrero de 2015
ENTROIDO 2015 ¡CABARET!
Como tódolos anos, no Entroido escollemos un tema para disfrazarnos todos xuntos: alumnos, profesores, nais e pais, persoal da casa da cultura, amigos...etc
Este ano tocoulle botar unha ollada atrás...aos anos vinte..... atención, en Ribadavia.
Tocamos, cantamos, e sobre todo bailamos moita música de Rag-time, Can-can e Charleston.
Persoeiros da época como Charles Chaplin, Louis Armstrong, vendedores de gominolas, xornalistas, bailarinas de Can-can, gangsters, ilusionistas...todos xuntos pasámolo en grande, a pesar de que a choiva tamén quixo participar.
Aquí vai algún recordo deste día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)