sábado, 27 de mayo de 2017



CONCERTO DE CORO E CONXUNTO INSTRUMENTAL





O pasado mércores 24 de maio celebrouse o Concerto de Coro e Conxunto Instrumental no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia,un marco incomparable cheo de historia e fermosura, que recolleu entre as sus paredes as diversas sonoridades musicáis que interpretaron os alumnos do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Ribadavia.
Dende a comunidade educativa do Conservatorio e a Escola de Música queremos agradecer o director e a todo o persoal do Museo Etnolóxico a sua amabilidade e o trato exquisito para con nós.E tamén,como non,a asistencia de todo público que nos acompañou o longo da tarde.









Se queredes ver máis fotos pinchade no enlace do noso Facebook:



lunes, 22 de mayo de 2017

II MASTERCLASS DE TROMPETA



O pasado 17 de maio tivo lugar a II Masterclass de trompeta no Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Musica de Ribadavia,a cargo de Javier Simó Echarte,trompeta solista da Real Filharmonía de Galicia e profesor da Escola de Altos Estudios Musicáis de Galicia.
Unha vez máis todo un éxito de participación!!!









Se quereres ver máis fotos só tedes que pinchar no seguinte enlace:



CONCERTOS DIDÁCTICOS


Os días 15 e 16 de maio celebraronse unha serie de Concertos Didácticos,a cargo dos profesores e alumnos do Conservatorio Profesional e a Escola Municipal de Música  de Ribadavia, nos que participaron máis de 500 alumnos en total  dos seguintes colexios:
CEIP TOMÁS DE LEMOS
CEIP S.SALVADOR DE ARNOIA
CEIP CRA AMENCER
CEIP PENA CORNEIRA
CEIP OTERO NOVAS

Un ano máis agradecer enormemente a sua colaboración, tanto a profesores como  aos alumnos de ditos colexios, e como non, a Bea e a Fran.
Ata o ano que ven!!!!!!!
 Se quereres ver máis fotos só tedes que pinchar no enlace do noso Facebook:













https://m.facebook.com/Conservatorio-Profesional-E-Escola-Municipal-De-M%C3%BAsica-De-Ribadavia-431278330415013/