Dende o día 15 ata o 30 de Xuño, estará aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2015-2016. Todos aqueles que querian inscribirse no Conservatorio Profesional ou na Escola Municipal de Música de Ribadavia poderán facelo entre esas datas na oficina do centro, situada no segundo piso da Casa da Cultura de Ribadavia (r/Redondela s/n) en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Para máis información poden chamar, no mesmo horario, ó seguinte número de teléfono: 988471900 ou descargarse aquí o formulario da preinscripción, que poden entregar na Casa da Cultura, en horario de mañá, ou reenvialo á seguinte dirección de correo electrónico: cmus.profesional.ribadavia@edu.xunta.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario