jueves, 28 de diciembre de 2017

CONCERTO NO ASILO DE RIBADAVIA

Os residentes do asilo de Ribadavia disfrutaron dun pequeno concerto a cargo dos alumnos de corda e coro do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Ribadavia, o pasado 19 de decembro.
Unha tarde mol especial na que rematamos entonando todos os asistentes melodías e pezas tradiconais e populares típicas destas datas navideñas e cun sabroso chocolate cortesía do asilo de Ribadavia.









Si quereres ver máis fotos ,picade no enlace do noso Facebook

CONCERTO DE NADAL



O tradicional Concerto de Nadal do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Ribadavia ,deparou numerosas sorpresas para o público asistente, que disfrutou con cada actuación e posta en escena das distintas especialidades isntrumentais.
E como xa é unha tradición, rematamos esta velada coa visita tan esperada de Papá Noel,para os mais pequenos.
Desde toda a comunidade educativa do centro, querémosvos desexar unhas Felices Festas.