miércoles, 26 de diciembre de 2018

FESTIVAL NADAL
O tan esperado Festival de Nadal tivo lugar o pasado xoves 20 de decembro, no que a maxia inundou o auditorio da Casa de Cultura coas magníficas interpretación dos alumnos do Cmus Profesional e a Escola Municipal de Música do Concello de Ribadavia.
Luces,panxoliñas,música,cor e baile foron os ingredentes da tarde, pechando coa tradicional visita de Papá Noel.
Agradecemos á todos os pais e nais polo apoio hacia os seus fillos para a sua participación no festival.
Agradecemos á Bea e Fran a sua axuda incondicional na decoración e desenrolo do festival.
Agradecemos ó Concello de Ribadavia polo apoio recibido.
Agradecemos como non, ós alumnos polo gran traballo realizado ó longo deste primeiro trimestre.
E por último, desexamoslles o mellor para este Ano Novo 2019.
  
VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES DE RIBADAVIA



O martes 18 de decembro alumnos e profesores estivemos na Residencia para maiores do Concello Ribadavia, amenizando a tarde con panxoliñas e felicitacións típicas estas datas .Rematamos a velada, cun delicioso chocolate cortesía destes magníficos anfitrións.

PARA MÁIS FOTOS AQUÍ



lunes, 3 de diciembre de 2018

FESTA DE SAMAÍN



A clase de música e movemento do Cmus Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia, o pasado mércores 7 de movembro,estivo cuberta con telarañas e esqueletos que enmarcaban unha fermosa e divertida tarde, na que os alumnos gozaron dunha rica merenda e de xogos musicáis.
Este ano recordamos a orixe e celebración desta festa tan particular na nosa clase, gracias a colaboración de nais,pais e alumnos.





Picade neste link para ver máis fotos



CONCERTO DE STA ICÍA
O pasado 22 de novembro os alumnos do Cmus Profesional e da Escola Municipal de Música festexaron o día da patroa dos músicos, da mellor das maneiras...como é a interpretación dunha serie de pezas de distintos estilos musicáis, a través de diversas formacións instrumentais.
Parabéns rapaces!!!!!!!







Si queredes ver máis fotos, picade no seguiste enlace:



lunes, 11 de junio de 2018


CONCERTO DE FIN DE CURSO 2018
O pasado xoves día 7 de xuño celebrouse o tradicional Concerto de Fin de curso con cal rematamos un ano máis.
Unha páxina que chega o seu fin.
Un paso máis para escalar.
A oportunidade comeza de novo.
Non é o final só o inicio do teu futuro.
Con ledicia por todo o que se conseguiu, desexámosvos un Feliz Verán.
Grazas!!!!







SI QUEREDES VER MÁIS FOTOS PICADE NESTE ENLACE DO NOSO FACEBOOK:


martes, 29 de mayo de 2018

CONCERTO DE CORO E CONXUNTO ISNTRUMENTAL 
24 DE MAIO 
O pasado xoves 24 de maio celebrouse o Concerto de Coro e Conxunto Instrumental no Museo Etnolóxico de Ribadavia,un marco incomparable cheo de historia e fermosura, que recolleu entre as sus paredes as diversas sonoridades musicáis que interpretaron os alumnos do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Ribadavia.
Dende a comunidade educativa do Conservatorio e a Escola de Música queremos agradecer o director e a todo o persoal do Museo Etnolóxico a sua amabilidade e o trato exquisito para con nós.E tamén,como non,a asistencia de todo público que nos acompañou o longo da tarde.


SI QUEREDES MÁIS FOTOS PICADE NO ENLACE DO NOSO FACEBOOK