miércoles, 26 de diciembre de 2018

FESTIVAL NADAL
O tan esperado Festival de Nadal tivo lugar o pasado xoves 20 de decembro, no que a maxia inundou o auditorio da Casa de Cultura coas magníficas interpretación dos alumnos do Cmus Profesional e a Escola Municipal de Música do Concello de Ribadavia.
Luces,panxoliñas,música,cor e baile foron os ingredentes da tarde, pechando coa tradicional visita de Papá Noel.
Agradecemos á todos os pais e nais polo apoio hacia os seus fillos para a sua participación no festival.
Agradecemos á Bea e Fran a sua axuda incondicional na decoración e desenrolo do festival.
Agradecemos ó Concello de Ribadavia polo apoio recibido.
Agradecemos como non, ós alumnos polo gran traballo realizado ó longo deste primeiro trimestre.
E por último, desexamoslles o mellor para este Ano Novo 2019.
  
VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES DE RIBADAVIA



O martes 18 de decembro alumnos e profesores estivemos na Residencia para maiores do Concello Ribadavia, amenizando a tarde con panxoliñas e felicitacións típicas estas datas .Rematamos a velada, cun delicioso chocolate cortesía destes magníficos anfitrións.

PARA MÁIS FOTOS AQUÍ



lunes, 3 de diciembre de 2018

FESTA DE SAMAÍN



A clase de música e movemento do Cmus Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia, o pasado mércores 7 de movembro,estivo cuberta con telarañas e esqueletos que enmarcaban unha fermosa e divertida tarde, na que os alumnos gozaron dunha rica merenda e de xogos musicáis.
Este ano recordamos a orixe e celebración desta festa tan particular na nosa clase, gracias a colaboración de nais,pais e alumnos.





Picade neste link para ver máis fotos



CONCERTO DE STA ICÍA
O pasado 22 de novembro os alumnos do Cmus Profesional e da Escola Municipal de Música festexaron o día da patroa dos músicos, da mellor das maneiras...como é a interpretación dunha serie de pezas de distintos estilos musicáis, a través de diversas formacións instrumentais.
Parabéns rapaces!!!!!!!







Si queredes ver máis fotos, picade no seguiste enlace: