sábado, 16 de mayo de 2015

CURSO DE LUTHERIA DE GUITARRA 17- 04- 2015


O día 17 de abril os alumnos do departamento de guitarra asistimos a un curso de luthería(construción de instrumentos de corda)impartido polo maestro luthier Luís Cepeda no Consevatorio Profesionl de música de Ourense.O curso foi divido en dúas partes:

-Na primeira parte o luthier explicounos en que consistía este traballo(nada fácil por certo).Tamén observamos mediante diapositivas as partes da construción da guitarra,as madeiras coas que se constrúe e as ferramentas que se empregan.



-A segunda parte foi práctica;xa que poidemos observar as madeiras e traballalas coas súas ferramentas.Deixounos claro que había que ter moita precaución para non cortarse.Tamén poidemos ver de primeira man como barnizaba un laúde.


Se poidese recomendaríavos este curso porque apréndese moito e pásase moi ben.Ao rematar entregáronnos uns diplomas de asistencia.Déixovos unhas fotos:










No hay comentarios:

Publicar un comentario