viernes, 8 de abril de 2016

SAÍDA DIDÁCTICA

Os alumnos e profesores do Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música de Ribadavia,
tivemos o gran pracer de disfrutar do Concerto  do Quinteto de Metal"Spanish Brass Luur Metal"que tivo lugar en Ourense o domingo 13 de Marzo no Teatro Principal.

Con unha traxectoria de 25 anos no mundo da música de cámara, Spanish Brass é un dos quintetos máis dinámicos e consolidados do panorama musical español. Ademáis de participar  nalgúns dos festivais máis importantes de música e de realizar concertos por todo o mundo, tocaron na gala dos Premios Príncipe de Asturias en 1995, grabaron a música da obra teatral La Fundación de Buero Vallejo para o Centro Dramático Nacional e a banda sonora da película Descongélate, de Félix Sabroso, para a productora El Deseo.
Spanish Brass son profesores de Berklee College of Music en Valencia.
Grazas por unha tarde fabulosa!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario