martes, 14 de mayo de 2019

MI PRIMER CONCIERTO
O pasado mércores foi un día moi especial, o día de tod@s aqueles alumn@s, que por primeira vez, interpretaron unha serie de pezas de distintos estilos musicais,enriba dun escenario.
Alumn@s que comezaron en outubro o estudio da técnica e o repertorio estilístico, da sua especialidade instrumental.
E por último, tivo lugar a actuación dos alumn@s de música e movemento.
Queremos agradecer enormemente a nosa compañeira Bea,pola súa axuda incondicional coas decoracións tan marabillosas que adornan os escenarios de cada concerto.
Agradecer o Club Artístico de Ribadavia, a súa bondade ao prestarnos as súas instalacións.
Agradecer a nosa Concelleira de Cultura ,María López, polo seu apoio en cada concerto e en cada actividade, ós que non falta.
E as familias dos nosos alumno@s pola confianza no noso centro e a sua colaboración en cada una das actividades que facemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario